Saturday 04 de May de 2024

O venres abrirá a oficina de información turística de Caión


Estará a disposición do público de luns a sábado.

O venres, coa chegada do mes de xullo, o Concello volverá prestar o servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.
O horario de apertura ao público será:
• Luns: 15:30 a 18:00 h.
• Martes a venres: 9:00 a 14:00 h e 15:30 a 18:00 h.
• Sábado: 9:00 a 14:00 h.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante o verán. Posteriormente será reubicada na capital municipal.